Xoán Leiceaga Baltar

POESÍA

Imagen ilustrativa del poema

[Sete]

Obras milagres en min
coa tua inxenua fala madura
para min a volta gañas ás celebracións
acadas a redención do meu tremor
e sofocas-me esa cruz da escuridade.

Obras milagres por min
coa rillotada sublime do teu ollar
consegues que me retorne a candura atinxes o absolvimento destes meus nervos e varres á escuridade da miña luz.

Vas mais adiante que a páxina mestra
que o borrón imaculado
moito alén que a ousada bruma
do noso libro.
Todo ese cumio, imenso, és ti.

Fig. Aldara g-7

Volver