Xoán Leiceaga Baltar

POESÍA

Imagen ilustrativa del poema

[Trece]

A cada arribo, toca un despido:
as promesas son sorriso de garatuxa
que atordoantes encollen meu corazón
e fuxo no galopar do enfurruño.

Cumprido é o aceno nos pais
e, no entanto eu, xeito de imobilizado
vislumbro ou mais ben maxino
a opacidade da ruda certeza
ou transparéncia, pode que igual
nas vosas lupas.

Case que quieto o instante, un oco
oco agresivo, e que longo!:
ainda que, seino, un deseguido despois
nen báguas fican para a miña seca.

Vos, sobre o voso firmamento
eu, no meu reino das gándaras
belo outono peneirando nas cinzas
meu tronco gris enzoufado
e, o que foi copa, vaciada:
a insurreción xa escorreu pola neve
e nos invernos o grilo tampouco canta.

Fig. Aldara g-13

Volver