Xoán Leiceaga Baltar

POESÍA

Imagen ilustrativa del poema

[Vinte e catro]

Dono estabas no teu berce
desa pura teoria de velar.
Cada un ao noso lado
deitados con nada en medio.
Nos teus iris adamante lucían
as afectivas preces do silencio
e polas meniñas dos anteollos
colaban-se-me as faíscas
dunha fe descoñecida.

Non dormias nen dormia
éramos duas candeas
entre as que se esparexian
invisíbeis benqueridos
cúmplices atroamentos da luz.

Paralela e deslumbrante
suma borboloteaba arrichada
nosa a traslúcida hixiene.

Fig. Aldara g-24

Volver